O exalcalde Argimiro Marnotes Rodríguez recibe o recoñecento institucional pola súa contribución ao impulso e consolidación da Festa do Pulpo

5, Agosto 2019

O salón de plenos do concello do Carballiño quedouse hoxe pequeno para acoller ás ducias de persoas que asisistiron esta mañá ao acto de homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez con motivo da 57 edición da Festa do Pulpo.

O alcalde, Francisco Fumega, resaltou que “ao longo dos 57 anos da Festa do Pulpo foron moitas as persoas que contribuiron á súa consolidación e crecemento ata chegar a ser a gran festa gastonómica que é actualmente, probablemente unha das mellores de Galicia e de España. E non cabe dúbida algunha de que una destas persoas é Argimiro Mornotes Rodríguez”.

Fumega dixo que “Argimiro foi un dos grandes impulsores desta festa. Cando ía pola décima edición promoveu que Fernando Sánchez Bella, sendo ministro de Informacion e Turismo, a declarase Festa de Interese Turístico.

Foi tamén quen convocou durante varios anos un concurso periodístico para premiar os mellores artículos e reportaxes publicados nos medios de comunicación, o que contribuiu a difundir a festa nos xornais e nas radios. E, sobre todo, contribuiu a que esta festa fose o gran encontro anual da emigración da nosa comarca e de Galicia”.

O rexedor carballiñés engadiu que “sendo alcalde comezaron a dedicarse as diferentes edicións da festa aos centros galegos do mundo, e isto axudou a que a que a Festa do Pulpo comezase a coñecerse fóra de España”.

“Así, pois –dixo Fumega-, son moitos os méritos que avalian este recoñecemento do concello do Carballiño e da Festa do Pulpo a Argimiro Marnotes Rodríguez. Ademáis, non hai que esquecer que, nos primeiros anos da Festa do Pulpo, cando en Galicia había e hai multitude de romarías dunha gran tradición, non era tan doado convencer aos pulpeiros e taberneiros para que estableceran os seus postos no parque municipal. Foi o seu empeño quen propiciou que hoxendía o parque municipal estea absolutamente colmado de postos de pulpo, de tabernas, de bares e de todo tipo de produtos”.

“Por iso que –concluiu Fumega-, pola súa contribución á consolidación desta festa, é polo que lle rendemos hoxe esta homenaxe e lle facemos entrega dunha placa en recoñecemento á súa aportación á Festa do Pulpo do Carballiño”.
A continuación o alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento “á súa contribución á consolidación e realce da Festa do Pulpo”.

Argimiro Marnotes agradeceu a deferencia e fixo extensible este recoñecementos a todas as persoas que durante os 57 anos de historia da festa puxeron o seu grao de area.

Tamén se referiu ao período no que era complicado conseguir que os bares e os pulpeiros acudisen ao parque municipal, e a que, tras conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico na décima edición, non tivese valor máis adiante e houbese que repetir a solicitude de declaración.

Tamén dixo que a partir de 1974, cando Argimiro Marnotes foi elexido alcalde, comezou a promocionar a festa convocando un concurso periodístico na prensa e despois na radio, e a dedicar cada edición aos centros galegos no mundo.

E, finalmente non se esqueceu das ducias de rapaces voluntarios que durante varias edicións colaboraron coa festa servindo no recinto oficial e realizando outras labores de apoio.