O exalcalde de Cenlle, positivo en coronavirus

27, Marzo 2020

O excalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, que gobernou este concello ribeirán durante nove anos e ata que no pasado mes de febreiro renunciou á alcaldía para incorporarse á candidtura do Partido Popular para as eleccións autonómicas, confirmou hoxe que é positivo no COVID 19.

Dende o pasado dia 13 de Marzo permanecía en cuarentena domiciliaria e encóntrase ben, igual que a súa familia.

 Xa comunicou esta circustancia a todas aquelas persoas coas que mantivo contacto nos dias previos ao confinamento.