O Festival de Teatro galego aposta este ano polos "espectáculos de vangarda"

6, Setembro 2010

Trátase dunha edición na que "asumimos o risco de apostar por unhos espectáculos de moita calidade e tamén moi arriscados en canto a súa proposta estética", asi se refería a actirz carballiñesa Josi Lage, coordenadora do Festival de Teatro Galego, ós 3 espectáculos que poderémos ver durante esta semana no auditorio do Carballiño. Abre a programación o martes dia 7 a compañia "Obras Públicas" coa súa obra "Life is a Paripé", escrita e dirixida por José Prieto Alvarez e con interpretación de César Goldi, Iolanda Muiños, Mos. O mércores 7 será para compañia do Morrazo "Teatro de Ningures", que elexíu o FETEGA carballiñés para estrear o seu novo espectáculo "Homes...Mulleres", con Paula Carballeira, Maria Armesto e Santiago Cortegoso no reparto, e baixo dirección de Etelvino Vázquez. O xoves dia 9 sumase á carteleira do Festival "Nut Teatro", con outra arriscada proposta en "Wake Up", con dirección de Carlos Neira, e 4 mulleres no reparto, Nerea Barros, Xiana Cancelas, Arantza Villar e a carballiñesa Iria Sobrado. Xa finalmente, o venres dia 10 celebraráse a sesión de clausura coa xa habitual "Gala de entrega de premios", que se será presentada polo actor galego Josito Porto, e na que tamén actuará o bailarín arxentino Marco González. Para esta gala de clausura a entrada ó auditorio será de balde, mentres que para o resto dos espectáculos o prezo das entradas será de 5 euros. No acto de presentación do Festival, na casa do Concello do Carballiño, estiveron presentes o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e a Concelleira carballiñesa de Cultura, Asunción Rivero, que comprometeron a continuidade do apoio económico para este evento cultural, malia que as subvenciós este ano reducironse á metade, en relación ás dos ultimos anos. Este recorte das achegas públicas, levou a organización a buscar axudas no sector privado, destacando as aportadas por Frigoríficos Florindo e Hijos,  Centro Comercial Aberto do Carballiño e Empresa Montañesa.