O fotoperiodista vasco Javier Arcenillas, primeiro premio do Concurso Fotofráfico do Carballiño 2023.

13, Setembro 2023

O Xurado do Concurso fotográfico de tema libre, convocado pola Asociación Fotográfica O Potiños , xunto o Concello do Carballiño , así como o C.C.A. , outorgou os seguintes premios :

Primeiro premio a JAVIER ARCENILLAS, de Bilbao,  pola fotografía RETRATO.

Segundo premio a JOSE MIGUEL ROMERO BARCO, pola fotografía O SALTO FALLIDO.

Terceiro premio a LUIS MANUEL BARRIO, pola fotografía MOSTEIRO.

As vinte mellores fotografías seleccionadas , estarán expostas no próximo Arenteiro Fotográfico 2023 , nos meses de Outubro e Novembro. Tamen poderán ser vistas na páxima web de O Potiños, potinos.com

O Gañador JAVIER ARCENILLAS é fotoperiodista profesional gañador do ANNUAL ART PRESS no 1997, así como gañador do WORD PRESS PHOTO no 2018, viaxeiro pola India, Guatemala, Honduras ou Salvador, a súa obra é moi coñecida e admirada no mundo fotográfico .