O futbol de 3ª división regresa a Espiñedo cunha tormenta de pedra que suspende o Arenteiro-Barco no minuto 71 de partido

27, Agosto 2017

Ata 23 anos tiveron que esperar os afeccionados do Arenteiro para volver ver ao seu equipo xogar en Espiñedo en terceira división, non obstante tan so poideron ver 71 minutos de xogo ante o CD Barco, xa que o partido foi adiado debido á monumental tormenta de pedra caída sobre o terreo de xogo.

Nese momento, a colexiada Zulema González decidíu a suspensión dun partido que xa comezara con 40 minutos de retraso no seu horario de inicio, debido tamén a este mesmo fenómeno meteorolóxico. Eso si, nin a tormenta -que foi de época- impedíu a afección verde acudir en masa a Espiñedo.

Quedan pois 19 minutos pendientes para completar este partido, nunha data que deberá fixar a federación a proposta dos clubes.

Ata ese minuto 71 chegouse cun empate 1-1 no marcador, ambos goles na segunda parte, adintouse o Arenteiro cun gol de Rubén Arce e empatou despóis Raly Cabral para o Centro de Deportes Barco.

Dende o inicio, e tamén na reanudación, o Arenteiro sorprendeu ao equipo valdeorrés, plagado de excelentes futbolistas, que hoxe foron superados polo Arenteiro, que se fixo acreedor a un mellor resultado.

Os verdes vironse especialmente perxudicados pola desafortunada actuación da colexiada ourensana, que non víu dous claros penaltis cometidos sobre os dianteiros do Arenteiro no primeiro tramo do partido.