O futuro PXOM reservará solo para un novo cemiterio e ampliará a zona industrial

28, Febreiro 2013

Son as dúas claves que avanzou o concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, en relación aos traballos de redaccion do PXOM carballiñés.

Os redactores do futuro regulamento urbanístico traballan na idea de ampliar o parque empresarial do Carballiño para dotar ao municipio de máis solo industrial, a zona elexida situase nas inmediacións da localidade de Seoane e a estrada do eixo do Ribeiro, dándolle asi continuidade ao actúal parque empresarial.

Outro dos obxetivos do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal será a reserva de solo dotacional para a construcción dun novo cemiterio. Aínda que a este respecto, o concelleiro recoñeceu que de momento e a dia de hoxe non hai unha decisión tomada sobre as dúas posibles alternativas, ben a ampliación do actúal cemiterio interparroquial de Señorín-O Carballiño ou fixar a súa ubicación noutra zona, en todo caso o novo cemiterio sería entón de titularidade municipal.

Daparte explicou que o actúal planeamento urbanístico do Carballiño data do ano 1999, e polo tanto non recolle a lei do solo de Galicia,  que foi aprobada posteriormente, unha normativa á que se adaptará xa o novo PXOM carballiñés. O concelleiro tamén avanzou as previsións para completar a súa tramitación, pretendese presentar o seu adianto para o ano 2014, e a súa aprobación definitiva non sería antes do ano 2016.