O Goberno Municipal busca alternativas para mellorar o servizo de transporte de viaxeiros entre O Carballiño e Ourense

3, Novembro 2011

A iniciativa foi presentada polo Alcalde Argimiro Marnotes, e o primeiro paso será unha enquisa que se fará entre a veciñanza para determinar as necesidades e preferencias da poboación "no próximo mes faráse unha sondaxe no Carballiño e Ourense preguntado cales son os mellores horarios e os destinos que a xente do Carballiño necesita en Ourense, preguntaráse pola frecuencia das viaxes e tamén o motivo do desplazamento", explicou o Rexidor Municipal.

En base a ese estudio, para o que se farán unhas 300 enquisas, un traballo encargado a 3 estudiantes de cencias políticas que realizan prácticas no Concello do Carballiño, trasladaráse unha petición de mellora do servizo á empresa concesionaria, entendendo que "Monbus non está a facer o servizo que ten fixado na concesión da Xunta de Galicia, teñen contratados unhos servizos que na actualidade non están a facer", dixo Marnotes.

O Alcalde do Carballiño tamén anunciou que "se esto non se consigue con Monbus nun tempo razonable, o Concello do Carballiño está en condicións de crear un servizo propio de transportes coa cidade de Ourense". Sería entón cando o propio concello promovería un convenio coas empresas locais para poñer en marcha este servizo público de autobús entre O Carballiño e Ourense, que se regularía a través dunha nova taxa municipal.