O goberno municipal non paralizará a implantación da ORA "atá ter a certeza de non meter ao concello noutro pleito"

10, Outubro 2011

O proceso de implantación da ORA nas rúas carballiñesas, un proxecto que deixou en marcha o anterior goberno socialista, atópase agora mesmo nun estado de indefinición, aínda que o Partido Popular mantén de momento a súa intención de deixar en suspenso esta iniciativa promovida polo Ex-Concelleiro Socialista José Antonio Barge. Ao concurso público convocado polo concello carballiñés durante o pasado mandato municipal presentaranse dúas empresas, unha delas foi excluída pola mesa de contratación, aínda que deixou sen resolver a adxudicación a única emprea que polo tanto opta a facerse con esta concesión para a explotación da ORA.

O Alcalde do Carballiño manifestou sobre este asunto a intención do goberno do Partido Popular de paralizar a implantación da ORA aínda que está pendiente dun informe xurídico para tomar unha decisión definitiva "a secretaria ten feito unha consulta externa para ver se é ractificable a súa opinión, ela é da idea de que a empresa tería que ser indemnizada, se esto é asi e se afirma, o grupo de goberno paralizaría a ORA", máis adiante Marnotes engadíu "pero mentres o Alcalde e o equipo de goberno non teñan a certeza de que eso é asi, o que non estamos e en disposición de meter o concello noutro pleito máis e ter a posiblidade de perdelo, non queremos meter a pata", remarcou o rexidor municipal.