O goberno municipal socialista terá tres concellerías con dedicacións parciais, que se suman á exclusiva do alcalde Fumega

9, Xullo 2019

Será a proposta que se presentará por parte do grupo de goberno socialista ao pleno de organización do concello convocado para este xoves dia 11 ás 10 da mañá.

A alcaldía terá unha dedicación exclusiva cunha retribución bruta anual de 39.800 euros, distribuidos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias de igual contía.

A Concellería de Industria, Emprego e Dinamización Turística, que obstenta o concelleiro Manuel Dacal, terá unha dedicación parcial do 80%, cunha retribución bruta anual de 12.320 euros,

A Concellería de Deportes e Comercio, da que é a súa titular a concelleira Silvia Baranda, contará cunha dedicación parcial do 70%, cunha retribución de 10.780 euros ao ano.

Tamén terá unha dedicación parcial  do 70% e unha retribución de 10.780 euros anuais  a concelleira Guadalupe Sobrado, responsable da concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade e Educación.

Estaba prevista unha cuarta dedicación parcial do 50% para o concelleiro de cultura Diego Fernández, pero éste comunicou ao alcalde que renunciaba a ela, toda vez que terá unha das dedicacións do grupo socialista na Deputación Provincial.

Nos anteriores mandatos municipais a norma establecida viña sendo a de dúas concellerías con dedicacións parciais, agora pasan a ser catro.

Neste mesmo pleno, determinaráse a periodicicade das sesións plenarias ordinarias, que terán carácter mensual, pasando a celebrarse os último dia mércores de cada mes.