O Grupo de Emerxencias de Avión ampliará ata os 9 os seus efectivos a partir de 2016

18, Novembro 2015

Asi o confirmou nesta emisora de radio o alcalde da localidade, Antonio Montero. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avión pasará dos 6 efectivos cos que conta na actualidade aos 9 que terá a partir de 2016 e durante os próximos 3 anos.

O rexedor municipal tamén avanzou que os 6 traballadores que dende agosto de 2013 veñen desenvolvendo esta actividade verán prorrogados os seus contratos atá o 31 de Decembro de 2018, mentres que para cubrir as 3 prazas de nova creación o concello de Avión procederá próximamente á convocatoria do correspondente concurso público para a selección do novo personal.

Desta maneira, o alcalde de Avión verá atendida unha demanda na que viña insistindo nos últimos anos, que se incrementase o número de efectivos neste GES que ademáis do municipio de Avión cubre as emerxencias noutros concellos limítrofes das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.