O Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño denuncia que o Concelleiro de Obras fai uso do vehículo municipal do notificador, que agora anda a pé

12, Setembro 2009

"Dende fai unhas semanas o Concelleiro de Obras Edelmiro Mateo, ven utilizando o vehículo pertenecente ó Concello do Carballiño,  que ata antes do verán estaba sendo usado polo Notificador do Concello, que agora vese obrigado a facer as notificacións a pe,  incluso  con recorridos de quilómetros para levar as notificacións ós veciños do pobo", afirmase nun comunicado remitido hoxe ós medios de comunicación. Este mesmo concelleiro fai unhos anos fora recriminado polo Partido Popular polo uso do camión do Concello para facer a súa vendima, polo que, parece evidente, que se volve poñer ó descuberto o seu particular estilo de entender a administración, según pón de manifesto o Partido Popular, que tamén afirma que este concelleiro sempre tivo a súa disposición un coche do Concello, pero estos eran vehículos do propio departamento de obras.

 Agora, non chegándolle con eso -denuncia o Partido Popular-  fai que o persoal de notificacións do Concello faga o seu traballo camiñando, o  quitarlle unha ferramenta de traballo importante para un correcto funcionamento dun servizo que moitas veces debe de ser áxil e rápido polas cuestións que manexa.

 "Parece evidente, tanto o abuso de poder, así como o abuso particular sobre bens municipais e tamén se fai notar, unha vez máis, un total descontrol en materia de persoal, cando se permite que un traballador municipal non poida desenvolver ben a súa laboura por falta de autoridade sobre o Concelleiro de obras”.

 Meses atrás, dende o Partido Popular presentáranse unha serie de preguntas, aínda sen contestar, sobre a utilización dos vehículos municipais, polo control do seu combustible, e pola súa custodia.