O grupo municipal do Partido Popular doa a Protección Civil o importe da asignación do concello destes meses

4, Abril 2020

"Decídese neste caso que sexa entregada esta cantidade á agrupación de Voluntarios de Protección civil do Carballiño, que nestes días están a facer un gran esforzo de forma altruísta e para que poidan facer fronte a gastos que se lles xere dentro da propia agrupación e como xesto de agradecemento cara a eles",remarcan dende o Partido Popular.

A cantidade, que ascende a 1.425 euros, será entregada nestes días para que poidan dispoñer dela sen ter que esperar a que sexa pagado por parte do Concello aos membros do Grupo Municipal Popular.

Indican que "fasie coa estimación de 2 plenos, e 2 comisións informativas que sería o lóxico en 2 meses, máis co correspondente a 2 mensualidades da asignación ao Grupo municipal, e eses serán os recursos cos que se pretende por parte de todos e cada un dos concelleiros e concelleira do grupo municipal, ter un xesto de solidariedade nunha situación transcendental no social e no económico do noso pobo".