O grupo municipal do Partido Popular propón a construcción dun heliporto

19, Abril 2017

O grupo popular no concello do Carballiño propón, mediante unha moción que trasladará ao pleno da corporación municipal, a construcción dun heliporto no Carballiño.

Os populares acompañan coa proposta unha reportaxe fotográfica na que mostran as deficientes condicións nas que dias atrás un helicóptero de urxencias médicas aterrou no Carballiño para un traslado urxente, cando foi preciso recurrir a unha finca privada para realizar esta manobra.

Para acceder á moción que presenta o Partido Popular, prema no arquivo adxunto: