O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que "o goberno municipal do Irixo co alcalde a cabeza basase na propaganda e a falta de transparencia máis absoluta mentres despilfarra o diñeiro público"

25, Xaneiro 2023

Lamentan os socialistas que "mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca".

Manifestan que "o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos".

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis "a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses".

Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello.

O grupo socialista afirma que non ten acceso a os xustificantes efacturas da conta xeral do ano 2021. A Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, a Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022. Tampouco da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación e concertos, actuacións e actividades verán 2022. Asemade, demandan información da contratación de persoal do concello e do obradoiro de emprego.

Finalmente, conclúen, que todo elo é "unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno".