O Grupo Popular pídelle ao goberno do concello que organice un protocolo de actuación pola alerta do coronavirus

12, Marzo 2020

O Grupo Popular no concello do Carballiño ven de solicitarlle ao Grupo de Goberno que se proceda a convocar aos portavoces municipais, para manter unha reunión respecto do CORONAVIRUS, e se organice o Concello para calqueira das situacións que se poidan prever e se faga un protocolo propio de actuación.

O Concello do Carballiño,afirman os populares, nin ten tomado medidas preventivas cos seus traballadores nin tampouco nos distintos espazos municipais e consideran que certas actuacións si que se poden facer.

Outros Concellos, asegura o Partido Popular do Carballiño, xa están a traballar nesto, tomando medidas preventivas propias, e consideran que O Carballiño tamén ten que facelo.