O grupo socialista presenta unha iniciativa á corporación municipal para que o concello abra unha liña de axudas ao estudantes e familias do Irixo

14, Setembro 2022

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á “CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a adopción dos seguintes acordos:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.- Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.