O IES Chamoso Lamas amplia a oferta educativa cun ciclo medio de electromecánica de maquinaria e ofrece a posiblidade de cursar a F.P. dual no ciclo medio de electromecánica de vehículos

21, Xuño 2018

O IES. M. Chamoso Lamas de O Carballiño oferta como novidade para o vindeiro curso 2018-19 un Ciclo Medio de Formación Profesional de nova implantación, denominado Electromecánica de Maquinaria. Responde a un plan de estudos pioneiro en Galicia, que lle permite ó alumnado acceder a unha doble titulación de Formación Profesional no prazo de tres cursos académicos, cando o habitual ven sendo de catro.

Para acadar este obxectivo, dende a Dirección do Centro, e dende o propio Departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos, traballouse na consecución de acordos e convenios de formación con diversas empresas do sector, que posibilitaran o acollemento dos alumnos baixo o réxime da F.P. Dual, combinando a formación no propio instituto coa formación nos centros de traballo, nos que o alumnado completa os seus estudos ó tempo que está afiliado ó Réxime da Seguridade Social, e percibe unha remuneración económica acorde á súa situación laboral.

Deste xeito, no vindeiro curso 2018-19, o alumnado que opte por esta familia profesional poderá acollerse a tres modalidades distintas: unha ordinaria de dous cursos presenciais, e un período de Formación en Centros de Traballo de 410 horas en segundo; outra de F.P. Dual, na que combinará o primeiro curso no IES. M. Chamoso Lamas con segundo nas empresas e centros de traballo cos que se suscribiron os correspondentes convenios; e unha terceira tamén de F.P. Dual a través da cal se accede ó título de Técnico en Electromecánica de Vehículos Automóbiles en dous anos, e ó de Técnico en Electromecánica de Maquinaria cursando no último ano catro módulos específicos para a doble titulación.

Cómpre sinalar por último que o plazo de admisión para estas ensinanzas profesionais comenza o vindeiro luns 25 de xuño, e remata o martes 3 de xullo ás 13.00 horas. Para a obtención de máis información ó respecto, os interesados poden contactar telefónicamente co Centro, ou ben pasando pola Secretaría do mesmo.