O IES Chamoso Lamas despide o curso cunha exposición fotográfica e a entrega de diplomas das matriculas de honra

25, Xuño 2014

"Na procura da nosa menoria: fotos no tempo" é o título desta exposición fotográfica na que aparecen retratados pobos abandonados e antigos habitantes dos mesmos, da ladeira do val do Varón,  fotografiados nos propios lugares onde viviron.

As fotos foron feitas por alumnos de 4º da Eso do centro coa colaboración do fotógrafo profesional José Caruncho. A actividade forma parte dun programa de innovación educativa desenvolvido por un grupo de profesores do IES Chamoso Lamas e coordinado polo Centro Galego das Artes da Imaxe. Tratase dunha colección de 48 fotografias.

Doutra parte, o director do instituto, José Manuel Vázquez fixo entrega dos diplomas aos alumnos que obtiveron matrícula de honra nos ciclos formativos durante o pasado curso. María Jesús Rodríguez Taboada e Iván Ulloa Des, obtiveron esta distinción nos ciclos formativos de Administracción e Finanzas e Electromecánica de Vehículos, respectivamente.