O IES Manuel Chamoso Lamas consegue a Carta Erasmus

5, Xuño 2012

O IES Manuel Chamoso Lamas vai poder ofertar aos seus alumn@s do Ciclo Superior de Administración e Finanzas a posibilidade de facer o módulo de Formación en Centros de Traballo en calquera país da Unión Europea,. O Instituto carballiñés conseguiu a Carta Erasmus para a Mobilidade de Estudantes para prácticas  (SMP) ata o curso 2012-2013. Dita carta foi concedida neste curso só a 3 Institutos da provincia de Ourense.

Os alumn@s beneficiarios do Programa van poder facer prácticas nunha empresa doutro país da UE, en Centros de Investigación ou noutras Institucións dos países participantes no programa de aprendizaxe permanente ERASMUS.

Ao mesmo tempo concederanse axudas para atender os gastos de viaxe e estadía (ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN) no país das prácticas que alcanzan os 300 € mensuais. A duración das prácticas é aproximadamente de tres meses. A convocatoria para a solicitude para as axudas establécese no primeiro trimestre do ano

A organización da mobilidade xestionase directamente entre o IES Manuel Chamoso Lamas e os estudantes participantes. Corresponde ao centro elaborar coa empresa de destino o acordo formativo, o programa de traballo, realizar o seguimento do período de prácticas e o seu posterior recoñecemento, parcial ou na súa totalidade, do período de prácticas e a súa validación co módulo de formación no Centro de traballo.