O Inega aporta 123.000 euros ao concello de Maside para dar continuidade á mellora da eficiencia enerxética nas iluminacións públicas do municipio

5, Novembro 2019

O Alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, ven de confirmar unha nova achega económica por parte do Instituto Enerxético de Galicia ao concello de Maside para dar continuidade á renovación das iluminacións públicas nas localidades do municipio.

Desta vez, e por medio dunha subveción de 123.000 euros, vaise proceder a acometer a renovación dos alumeados públicos coa implantación da tecnoloxía LED na rúa principal da vila de Maside, asi como nas localidades da Touza, Negrelle e O Pazo e o barrio do Outeiro Grande.

O rexedor municipal calcula que a implantación deste sistema vai supoñer un aforro do 80% na factura eléctrica, e anunciou que agarda conseguir unha nova axuda para completar este proxecto de eficiencia enerxética no resto do municipio masidao.