O Irixo destina 60.000 euros para promover un novidoso parque infantil ambiental

2, Xuño 2020

O concello do Irixo financiará este proxecto cunha aportación da Xunta de 60.000 euros, un proxecto novidoso no ámbito comarcal e que consistirá na creación dunha área recreativa e medioambiental infantil.

Os nenos e nenas do Irixo poderán iniciarse neste espazo nos cultivos ecolóxicos, e tomando conciencia dos coidados do medioambiente, e sen deixar de lado o aspécto lúdico, propio da idade infantil.

A ubicación desta nova infraestructura será nun espazo anexo ao centro escolar do Irixo, para que desta maneira poida utilizarse por parte do alumnado do propio centro. A instalación, según recolle o convenio asinado polo concello do Irixo coa Xunta, deberá estar rematada antes do próximo mes de Outubro, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde da localidade, Manuel Cerdeira.