O martes 16, festivo local en Avión, Beariz, Boborás, Piñor, Maside, Punxín, San Amaro, O Irixo e O Carballiño. A feira adiántase ao lúns 15, reducida a agro e alimentación.
O próximo dia 16, que debería ser martes de entroido e a pesar da suspensión de todas as actividades festivas, seguirá sendo día inhabil a efectos laborais, polo tanto festivo de carácter local en todos os concellos da comarca, agás no de San Cristobo de Cea. Asi que será dia festivo local nos municipios de Beariz, O Irixo, Boborás, Piñor, Maside, Punxín, San Amaro e O Carballiño, tamén no concello de Avión.
En consecuencia, no Carballiño adiántase a primeria feria do mes de Febreiro, que tocaba ese dia, ao lúns dia 15. O alcalde do concello do Carballiño asinou un decreto no que da conta que, tendo en conta a actúal situación sanitaria pola pandemia do cororavirus e o cumprimento das normas de prevención en vigor, autoriza a celebración da feira reducida aos postos do agro e alimentación, igual que xa aconteceu coa segunda do mes de Xaneiro.