O Ministro José Blanco fai campaña electoral no Carballiño en apoio á candidatura socialista

18, Maio 2011

Antes, o Partido Popular trouxo á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, á que presentou o proxecto de construcción dun novo centro sanitario no Carballiño,  ubicaríase no solar que deixaría libre a estación de autobuses, ésta sería trasladada a estación de Renfe, ónde se concentrarían os servizos de transportes de viaxeiros, un dos proxectos estrela do programa electoral do Partido Popular. Agora, o PSOE, tamén facía a súa promesa electoral, traendo ó Ministro de Fomento Xosé Blanco, que chegaba anunciando un proxecto que consistiría na ampliación da área recreativa sobre o túnel de ferrocarril de Rapariz. Paco Fumega, e a súa candidatura recibiron a Blanco, ó que expuxeron esta actuación, que permitiía a ampliación desta zona de recreo, 4.000 m2 que contarían con zona de esparcemento e ocio, xardíns, e incluso espazos reservados para os autobuses escolares e prazas de aparcamento. Calculase que o investimento necesario será de máis dun millón de euros, según os socialistas. Este proxecto xa fora presentado fai 3 anos polo Alcalde Carlos Montes.