O musical infantil "El Rey León", teatro para bebés, humor, cine e un concerto de Os Coribantes, na programación da concellería de cultura para este mes de Abril

4, Abril 2018

Un gran espectáculo musical con “El tributo del Rey León”, comezará o programa de eventos culturais no auditorio municipal deste mes de abril, no que tamén cobran protagonismo unha obra de teatro para bebés, un novo monólogo do ciclo “Carballiño Comedy3” e a banda Os Coribantes.

“DE SIMBA A KIARA. EL TRIBUTO DEL REY LEÓN”, estará no auditorio este sábado, 7 de abril, en dúas funcións. A primeira, ás 17,00 h., xa ten cuberto todo o aforo, polo que só quedan algunas localidades para a segunda, que será ás 19,00 h.

O sábado, 14 de abril, haberá por primeira vez no Carballiño unha obra de teatro específica para bebés. Será a representación de A ALFOMBRA MÁXICA, pola compañía BABALUVA S.L. Haberá dous pases: ás 17,00 e 18,00 h. Poderán asistir nenos e nenas de ata 3 anos cos seus acompañantes.
O número de localidades está limitado a 25 bebés máis os seus acompañantes por cada sesión.

O humorista JOSÉ CORBACHO, dentro de ciclo de monólogos “Carballiño Comedy 3”, estará no auditorio o sábado, 25 de abril, ás 21,00 h.
E o sábado 28 de abril terá lugar un concerto da banda OS CORIBANTES, cuxo horario anunciarase nas próximas semanas.

O sábado 28, aínda en horario por determinar, terá lugar a actuación da banda Os Coribantes.

Complletan a programación deste mes de Abril, varias proxeccións cinematrográficas en colaboración co Cine-Club e Exposicións de Fotografía da Asociación O POtiños.