O novo Arenteiro planta cara en Caselas e cae por un solitario gol

5, Abril 2010

O baby clube deportivo arenteiro vendeu cara a sua derrota pola mínima ante O Caselas, un solitario gol de novo do ex-arenteiro Fran servía para darlle oxíxeno a un Caselas que utilizou un xogo demasiado duro, e incluso por momentos, bruscos; así tamén o entendeu o colexiado do partido expulsando a  dous locatarios.
O equipo de Mindo, completaba un muy digno partido, amosando unhas excelentes credenciais de futuro, solo a falla de pegada e a comprensible falta de oficio, impediu que iste ilusionante arenteiro colleitara un mellor resultado  que por méritos mereceu, con todo hay que resaltar, a entrega e dignidade diste plantel que en ningún caso se achicou ante un rival espoleado pola súa afición, na procura de puntos redentores que eviten un,máis que posible descenso.