O novo balneario de As Caldas de Partovia abrirá no verán de 2015

11, Abril 2014

Comezaron as obras, que terán unha duración de 14 meses. O proxecto supera os 2,5 millóns de euros de investimento privado.

O alcalde do Carballiño referíuse ao futuro balneario como "proxecto extratéxico para O Carballiño, para a nosa economia local, fundamentalmente para os sectores da hostelería e o turismo". Marnotes recordou como no seu dia "o pleno do concello por unanimidade acordou unha bonificación do 95% no imposto do ICIO, porque consideramos que o proxecto é clave para O Carballiño".

O futuro balneario de As Caldas de Partovia contará con seis modernas bañeiras, yacusi, un circuíto frio-calor, asi como unha piscina dinámica. No acto de presentación do proxecto, Carlos Garriga, da empresa propietaria, avanzou que a apertura das futuas instalacións balnearias crearán "entre 25 e 40 postos de traballo, en función da época do ano".

Os promotores tamén adiantaron que nunha segunda e posterior fase construiráse unha piscina exterior e un hotel.