O novo concelleiro de cultura do Irixo estréase coa organización dunha excursión veciñal ao santuario dos Milagres. Villanueva anuncia "moitas actividades e sorpresas" na programación municipal.

9, Setembro 2023

O concelleiro de Xuntos polo Irixo, e responsable da área de cultura, deporte, xuventude, turismo, voluntariado e educación, do goberno municipal bipartito que conforman Xuntos e PSOE, ven de estrearse esta semana na súa nova responsablidade no concello do Irixocoa organización dunha excursión-peregrinaxe ao santuario dos Milagres.

Nesta actividade participou un numeroso grupo de veciños e veciñas do Irixo, e Juan Manuel Villanueva califica como "un éxito" a mesma. Ademáis, o concelleiro avanzou a COPE O Carballiño que está a ultimar un ambicioso programa de actividades para o novo curso das que dará detallada información nos próximos dias.