O Palencia C. At. visita por vez primeira Espiñedo, este sábado 6 ás 16:30 horas

5, Novembro 2021

A Segunda Federación chega este sábado 6 de novembro (TVG 2, 16:30 horas) á décima xornada do campionato e faino cunha visita histórica no municipal de Espiñedo, que visita por vez primeira un equipo palentino, neste caso o Palencia C. Atlético. Agarda un Arenteiro que acumula xa seis jornadas sen perder.

Partido importante para ambos equipos, toda vez que ambos levan unha traxectoria parella, que é a que se reflicte na táboa de clasificación, con carballiñeses e palentinos empatados a 11 puntos.