O paralímpico carballiñés José Manuel Prado participa nos Xogos de Rio

2, Setembro 2016

O deportista carballiñés participará na Olimpiada Paralímpica de Rio de Janeiro, a onde viaxa formando parte da delegación española e co patrocinio do Grupo Cer&Ber.

Dende o concello do Carballiño transmiten o seu apoio e desexan o maior dos éxitos ao deportista José Manuel Prado Prado, que viaxa o próximo luns a Río para participar nos Xogos Paralímpicos. Así llo comunicaron os concelleiros de Deportes, José Manuel Dacal, e de Benestar e Sanidade, Marina Ortega, en nome do goberno municipal.

José Manuel Prado competirá na modalidade de boccia, que é un xogo de bolas semellante á petanca, e no que este deportista carballiñés ten acadado numerosos éxitos, entre eles, o campionato de España.

José Manuel Prado xaparticipou na pasada Olimpiada Paralímpica celebrada en Londres haicatro anos, e agora forma parte, xunto con outrosdez deportistas de Galicia, do equipo de España.

Para estes Xogos de Río, o deportista carballiñés estivo entrenando en Barcelona nasinstalacións de alto rendemento, polo que ten moita confianza en acadar un posto relevante.