O Paro segue subindo e chega ás 2.621 persoas na Comarca

12, Febreiro 2012

Os datos correspondentes ao pasado mes de xaneiro elevan ás 2.621 as persoas en situación de desemprego no conxunto dos 9 Concellos da Comarca, das que 1.506 corresponden ao municipio do Carballiño, onde o paro aumentou en outras 84 persoas no primeiro mes de 2012.

Desta maneira, seguen acadandose cifras que son record histórico tanto no Carballiño como no ámbito da Comarca, desde que existe esta estatística oficial. Dos 1.506 parados carballiñeses, 701 son homes e 805 mulleres.

No municipio de Maside 304 están inscritas como demandantes de emprego no mes de xaneiro, 19 máis que no mes anterior de decembro de 2011. Boborás tamén incrementou o seu número de parados noutras 6 persoas e suma xa un total de 204, mentres que San Cristovo de Cea -con 11 novos parados- ten 152 persoas que buscan traballo.

O municipio do Irixo sumou en xaneiro rexistrou en xaneiro outros 6 parados máis, polo que a súa cifra total chega ás 121. Despois, seguenlle San Amaro e Piñor, con 115 e 105 parados, respectivamente. Nos últimos lugares do ranking comarcal do paro están Punxín -con 69 demandantes de emprego- e Beariz, con 45.