O parque empresarial de Cea ofrecerá 240.000 metros cadrados de superficie industrial

29, Novembro 2011

O Concello de San Cristovo de Cea e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, asinarán un convenio para financiar as obras de urbanización do parque empresarial do Fondo de Cea, asi o anunciou en COPE o Alcalde da localidade José Luis Valladares. Desta maneira, remataráse a urbanización desta área industrial, que ocupa unha superficie de 350.000 metros cadrados, dos que 160.000 corresponden á empresa "Las 5 Jotas", que financiou a adquisición dos terreos.

Valladares adiantou que "antes de final de ano firmarémos un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, que nos vai dar un diñeiro en varias anualidades, aparte do que vai poñer o empresario, creo que estos dias imos chegar a un acordo con este empresario, e asi poderémos rematar a urbanización de todo o parque". O Alcalde tamén aclarou que "ó empresario de Vigo correspondenlle 160.000 metros cadrados, asi que quedarán dispoñibles outros 240.000 metros cadrados, polo que haberá terreo suficiente para aqueles empresarios do municipio ou aqueles de fora que queiran vir implantarse aquí a Cea", suliñou.

O máximo responsable municipal tamén se referíu na súa intervención radiofónica á posibilidade, apuntada meses atrás, sobre a ubicación no parque empresarial de Cea da empresa británica XERO, para a fabricación dun modelo de coche eléctrico. José Luis Valladares amosouse moi escéptico con esta posibilidade "eu voume reservar a opinión sobre esto, aínda que cando se puxeron en contacto con nós desde o INORDE dixémoslle que ese terreo estaba dispoñible e por nós encantados, pero claro, unha multinacional que para instalarse pide cartos á Xunta, á Deputación e ós empresarios ¿qué poñen eles ?, sentenciou.