O Partido Popular anuncia unha reunión coa Secretaria Xeral de Urbanismo para buscar unha solución para o muro da Veracruz

9, Setembro 2010

Tras un cruce de acusacións entre Goberno Municipal e oposición, culpandose mutuamente de facer unha utilización política e partidista da polémica sobre o muro de contención da nova praza da Veracruz, o Partido Popular anuncia agora unha reunión para o vindeiro dia 15 ás 12 da mañá á que asistirá a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e co obxetivo de buscar unha solución técnica más axeitada que poña fin a esta polémica pola construcción do muro, tal como veñen demandando amplos sectores da cidadanía carballiñesa. A esta reunión tamén se espera que asistan os responsables municipais do Carballiño, técnicos relacionados có proxecto e a empresa construtora, asi como outros axentes sociais que viñeron manifestando a súa preocupación por esta problemática.

O Partido Popular manifestou por medio do seu portavoz Argimiro Marnotes que " a Xunta  personase coa firme intención de buscar unha solución de consenso, dado que o Concello desvelase incapaz de propoñer unha alternativa, asunto que nos preocupa, que un Concello de 14.000 habitantes non teña capacidade para plasmar una proposta técnica, cando o departamento de obras conta con bós profesionais". Marnotes tamén dixo que o Partido Popular do Carballiño xa transmitíu a propia Secretaria Xeral que "a mellor solución sería a adoptada no outro lado da praza, ou sexa, un talude vexetal e máis atrás un pequeno muro atá acadar a cota da praza".