O Partido Popular conserva as maiorias de San Amaro, Cea e O Irixo e pérdea en Punxín.

24, Maio 2015

Repitense os resutlados de fai catro anos en San Amaro, o alcalde Ernesto Pérez conserva con 6 concelleiros a maioria absoluta en San Amaro, onde os socialistas tamén repiten resultados con 3 concelleiros.

No Irixo, Manuel Penedo experimenta un importante retroceso -perde case 300 votos- e 2 concelleiros, aínda que con 6 conserva a maioria absoluta. Obteñen representación -1 concelleiro- Polos Veciños, Fai O Irixo e PSdeG.

En San Cristovo de Cea, José Luis Valladares perde dous concelleiros -tiña 9 e quedase con 7-, mentres que o BNG (2)   e o PSdG (2) sumarán catro concelleiros na oposición neste concello.

En Punxín perde a alcaldia Manuel Vázquez, do Partido Popular, quedase con 3 concelleiros por catro que suman PSdeG (2) e Cambio Intelixente (2). Todo fai indicar que haberá relevo na alcadía