O Partido Popular corrixe o anuncio do concello sobre o programa conmemorativo do aniversario da morte de Palacios "cúmplense 75 anos do seu pasamento, non 85"

12, Febreiro 2020

Os populares corrixen o erro do anuncio que facía o concello do Carballiño este pasado mércores, que avanzaba un programa de actividades "para conmemorar o 85 aniversario da morte de Antonio Palacios, o autor do proxecto arquitectónico da Veracruz".

O Partido Popular recorda que Palacios finou en 1945, coas obras da Veracruz xa comezadas, e polo tanto neste 2020 cúmplese o 75 cabodano da súa morte.

"O grupo de goberno dos socialsitas do Carballiño non ten término medio. Ou vai a remolque e improvisa a diario, ou de repente se volven previsores e organizan uns actos conmmorativos par dentro de 10 anos", ironizan os populares.

Aclaran, ademáis, que xa lle comunicaron este erro ao grupo de goberno "co fin de evitar que o concello faga o ridículo e tamén para evitar un despilfarro encargando promoción, publicidade, cartelería e placas erróneas".

Finalmente, o grupo popular manifesta que lle parece estupendo conmmorar o aniversario do arquitecto da Veracruz, "aínda que unha vez máis quede de manifesto a constante neglixencia do grupo de goberno do PSOE".