O Partido Popular culpa ao alcalde do "catastrazo" no municipio de Maside

20, Xaneiro 2018

O Partido Popular recorda que "o concello de Maside é un dos concellos da provincia que dispón do gravame de bens inmobles urbanos mais altos cunha porcentaxe de 0,60".

Dos concellos do redor so O Carballiño esta no mesmo tipo de gravame o resto están mais baixos. Algúns moito mas baixos coma San Amaro (0,40), Cea (0,40), O Irixo (0,40), Amoeiro (0,42), Punxín (0,45), como se pode apreciar de todos os cores políticos, manifestan.

"Quen goberna Maside debe intentar mirar polo ben de todos os seus veciños, poñendo medidas antes de que se produzan feitos que lesionen os petos dos cidadáns, como sucede co IBI de este ano, consecuencia do "catastrazo" pegado recentemente", remarcan.

Afirman os populares que "xa se sabia iso por parte do grupo de goberno, xa que foi solicitado polo Concello, non se fixo ningunha actuación no sentido de intentar diminuír o quebranto económico de moitos veciños de Maside, fundamentalmente da xente que fixo as súas casas nos últimos dez anos, baixando ese gravame ao mínimo o 0,40, e conseguir deste xeito reducir o impacto do catastrazo aos veciños de Maside".

Entenden dende o Partido Popular "que non pode facer o Sr. Alcalde de Maside, despois de ter o IBI cobrado, é saír na prensa xustificándose de que para o ano que ven intentarase baixar un 10 ou un 20% que significa no mellor dos casos baixar o gravame ao 0,48, pero claro o que xa pagamos os veciños de mais será un ben que vimos pero que non volveremos a ver, e o peor de todo que xa veremos en que queda a cousa, si se fai ou non, e en que se emprega o superávit conseguido este ano, o día que presenten as contas saberemolo".

Pídenlle ao alcalde de Maside que aclare "o que vai a facer con todo o recadado de mais co IBI deste ano, que por certo non é un ano normal senón que en principio recolle as subas de varios anos, e estamos a falar dun montón de euros".

E ofrecenlle dúas propostas:

-Devolver aos veciños a suba realizada descontándoa do recibo do ano seguinte.

- Usar ese superávit orzamentario para retomar a reubicación da xente da Fontela.