O Partido Popular denuncia "a falta de persoal cualificado na biblioteca, que provoca a perda de subvencións e o deterioro do servizo"

28, Marzo 2016

O grupo municipal do Partido Popular  considera que "o concello do Carballiño non dispón na biblioteca de personal cualificado para atender as necesidades deste servizo dende finais de 2015, e tampouco parece que teña intención de contratalo".

Engaden como "en anos anteriores a biblioteca estivo cuberta con persoal cualificado, pero na actualidade tanto pode ser un coordenador de deportes ou un técnico de son" os que atenden este servizo ubicado na casa da cultura do Carballiño.

Ademáis de lamentar esta situación, recordan os populares como entre os anos 2012 ao 2015 se obtiveron distintas axudas económicas para a biblioteca municipal do Carballiño "tanto para a mellora de fondos bibliograficos como para actividades de animación á lectura" mentres que neste 2016 non se obtivo ningún tipo de axuda "cirustancia que pode ocorrer por dous motivos, que a pediran pero non lla concederan, que se nos antoxa moi difícil, ou ben porque o concelleiro de cultura e educación, que cobra unha dedicación pola súa función, non fixera o seu traballo e non enviase a solicitude a tempo", subliña o Partido Popular.