O Partido Popular denuncia que a substitución de camelias en Julio Rguez Soto "tivo un sobrecusto de máis dun 300% superior ao prezo real".

11, Xullo 2018

Os populares afirman contar con documentación suficiente para concluir que son varias as irregularidades que se observan na actuación levada a cabo meses atrás pola concellería de medio ambiente do concello do Carballiño, asi o aseguran dende o grupo municipal do Partido Popular.

Defenden que as contratación efectuadas "non cumpren coa legalidade" e o informe que xustificou esta actuación "está asinado por un técnico alleo ao concello", tendo un gasto total de 13.343,63 euros pagándose por cada árbore 574,17 euros.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: