O Partido Popular formula ao alcalde 14 preguntas sobre a viaxe promovida polo concello a Marina D`OR

12, Abril 2016

A Viaxe, promovida a través do Centro de Información da Muller do concello do Carballiño, foi presentada a finais da pasada semana pola concelleira de Benestar Social, e desenvolveráse entre os dias 13 ao 17 de Maio.

A actividade -sen coste para o concello, aclarábase- ten un coste de 365 euros por persoa, sendo os únicos requisitos ser muller e ter máis de 18 anos. O grupo municipal do Partido Popular ven de dirixir un escrito ao alcalde do Carballiño no que pide aclaracións sobre esta actividade, formulando ata 14 preguntas.

Para acceder ao escrito do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: