O Partido Popular insta ao concello para que xestione o proxecto de reforma integral do terreo de xogo e iluminación do Estadio de Espiñedo, e solicite financiación ante Deputación e Xunta.

18, Febreiro 2020

O populares presentan unha moción na que na súa parte expositiva subliñan que "no Carballiño e comarca, temos como clube de futbol de referencia, ao CD Arenteiro, que na actualidade compite na terceira División nacional".

E recordan como "dende fai moitos anos, o estado do cespede do campo de futbol de Espiñedo é lamentable e duramente criticado non só polos equipos que nos visitan ao Carballiño, senón que tamén por parte de toda a afición que acude a ver ao seu equipo cada 15 días, que falan de que parece mentira que un pobo como O Carballiño teña o campo de futbol con estas condicións do seu terreo de xogo, de feito, moi dificílmente se poderá acabar esta tempada xogando os partidos da casa en Espiñedo".

En canto ás luminarias afirman que "dado o seu desgaste, non son o suficientemente potentes para poder xogar os partidos en horarios atractivos para o público e o seu consumo, incluso nos entrenamentos é elevado para o Concello polo tipo de luminiaria".

En canto ao sistema de iluminación do municipal de Espiñedo lembran os populares que foi a Deputación Provincial de Ourense quen as financiou xa fai unhs 15 anos e recentemente as instalacións en xeral xa se viron melloradas por importantes aportacións económicas da Deputación Provincial de Ourense, sendo que se fixo unha actuación integral de mellora dos vestiarios e colocáronse cadeiras en toda a grada de tribuna.

Por todo elo, o grupo municipal popular demandará do pleno da corporación os seguintes acordos:

PRIMEIRO:Que se realice por parte do Concello do Carballiño o proxecto técnico para a unha obra íntegral de renovación do cespede natural de Espiñedo que leve aparelladda un mantemento durante os 4 primeiros anos, así como o cambio de sistema de iluminación a led.

SEGUNDO: Que se solicite dende O Concello do Carballiño á Deputación Provincial de Ourense e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a execución das obras de cambio cambio de cespede natural e cambio de luminarias a led.

TERCEIRO: Se proceda a adxudicar estas obras no menor tempo posible.