O Partido Popular invita ao goberno municipal a mirar a concellos do seu entorno "todos eles abriron parques infantís e organizaron campamentos de verán, no Carbaliño nin unha cousa nin a outra"

8, Xullo 2020

O Partido Popular compara ao concello do Carballiño co resto do seu entorno na comarca e da comparación non sae ben parado o concello carballiñés xa que "mentres concellos do entorno do Carballiño, de moita menos poboacion, xa contan con campamentos de verán para os máis cativos,resulta que O Carballiño non foi quen de organizar este tipo de alternativas de conciliación para as familias con cativos".

Manifestan que "unha vez máis o concello do Carballiño está quedando en evidencia, porque non son capaces de organizar servizos necesarios, non sndo aqueles que teñen externalizados" e poñen como exemplo a apertura en tempo e forma da piscina municipal "en funcionamento grazas a súa xestión por parte dunha empresa privada".

Outro motivo de crítica ao goberno municipal socialista dende o Partido Popular, é a tardanza na apertura dos parques infantís do municipio "cando a inmensa maioría dos concellos xa os teñen abertos con protocolos preventivos da Covid-19, no Carballiño siguen pechados". Finalmente, dende o grupo municipal popular esixen ao goberno socialista no concello do Carballiño "que se poña a traballar no que importa ás persoas e atendan o que é un reclamo das familias carballiñesas con cativos".