O Partido Popular obtén o 54% dos votos na comarca, gaña en todos os concellos, tamén no Carballiño

21, Outubro 2012

 Noite electoral carballiñesa de euforia na sede do Partido Popular, emocións encontradas entre a militancia de AGE, e desolación entre BNG e socialistas.

O "efecto" Pachi non funcionou, e nin sendo Vázquez candidato á Presidencia da Xunta consiguen os socialistas gañar ao Partido Popular nunha eleccións autonómicas no Carballiño, tampouco en ningún concello da comarca, nin xiquera en Maside e Piñor, onde os socialistas obstentan o goberno do concello. Aínda que no PsdG carballiñés eran conscientes das adversas perpectivas electorais, non se esperaban un castigo tan grande como o que sufriron no ámbito galego, tampouco na comarca o resultado foi o esperado. En relación ás útlimas autonómicas o PSOE perde case catro puntos no Carballiño.

A outra cara da moeda estaba na sede do Partido Popular, onde a alegría se desbordaba por momentos tanto polos resultados a nivel autonómico como en clave local e comarcal. Os populares están especialmente satisfeitos do resultado no municipio do Carballiño, onde se extrapolamos o resultado destas eleccións a unhas teóricas municipais o Partido Popular mantería a maioría absoluta. Os populares melloran no Carballiño 5 puntos en relación ás autonómicas de 2009.

Alternativa Galega de Esquerdas situase como terceira forza política do municipio carballiñés tras estas eleccións autonómicas, aínda que superando tan só simbolicamente ao BNG por 7 votos.

No concello do Carballiño o Partido Popular acadou 3.735 votos, o PSdG 2.857, AGE 430, e BNG 423. A abstención foi do 30,06%, case 4 puntos máis en relación ás autonómicas de 2009.

O IRIXO

A polémica sobre a incineradora non parece pasar factura ao Partido Popular, que consigue neste municipio unha ampla maioria de votos, atá o 64,20%, fronte o 22,33% do PSdG e o 6,15 de AGE. En votos, 678 do PP, 233 de PSdG, e 85 de AGE.

MASIDE E PIÑOR

Nos dous concellos gobernados polos socialistas, éstes non consiguen parar a marea popular. EN PIñor os populares fanse co 50% do electorado (474 votos) e o PSdG obtén o respaldo do 39,(7% (378 votos). O BNG 41 e AGE 23.

En Maside, os populares quedanse co 47,91% do electorado (930 votos), e os socialistas có 40,59% (788 votos). AGE, con 76 sufraxios, tamén supera neste municipio ao BNG, que obtén 61.

AVIÓN E BEARIZ

O Partido Popular arrasa en ambos concellos outra convocatoria máis en ambos concellos. En Beariz consigue o 88% de votos (543) e o 87,54% en Avión (907).  Os demaís partidos repartense o resto, os socialistas apenas representan o 4% do voto escrutado.

SAN AMARO

No concello onde reside Pachi Vázquez, o candidato socialista foi votado polo 28,75% dos electores fronte ao 60% que o fixeron ao Partido Popular.

BOBORÁS

Os populares superan neste concello os resultados das autonómicas de 2009 ao acadar atá o 66,84% dos votos, daquéla fora o 64%. Os socialistas quedanse no 18,96%, e tamén neste municipio AGE situase como a terceira forza co 5,57% foronte ao 5,03 do BNG.

CEA E LEIRO

Tamén con amplas maiorias para o Partido Popular en ambos concellos, os útltimos en escrutarse ao 100%. En San Cristovo de Cea os populares fanse co 63,35% do electorado, o PSdG co 21,34% e o BNG conserva a 3ª posición co 9,32 de apoios. En leiro, O PP obtén o 59,64% de voto válido, fronte ao 21,34% dos socialistas e o 9,32 do BNG, que tamén neste concello logra superar a AGE.