O Partido Popular pide "autocrítica" ao goberno municipal para que "a festa do pulpo non perda potencial"

16, Agosto 2016

O grupo municipal do PP agradece ao concello "que siga co modelo iniciado polo anterior goberno municipal de reforzar con actividades os dias previos ao segundo domingo de Agosto" pero realiza varios comentarios críticos relativos a distintos aspéctos organizativos na edición deste ano.

Asegura o Partido Popular que o concello retirou na véspera mesas do recinto oficial "para que non se visen desocupadas" o dia do xantar.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: