O Partido Popular pide a convocatoria da Xunta de Portavoces para "desbloquear a paralización de varios proxectos de apertura e urbanización de novas rúas"

17, Xaneiro 2019

O grupo municipal popular pídelle ao alcalde Francisco Fumega que convoque a reunión da Xunta de Portavoces, que ven solicitando dende o mes de Outubro pasado e co obxetivo de "buscar solucións a varios proxectos de apertura de urbanización de novas rúas e de crecemento viario no casco urbano".

Recordan os populares que "foron varias as veces dende o mes de Outubro nas que o alcalde quedou en convocar esta reunión, e se na vindeira semana ao máis tardar non se ten producido, entenderíamos que non é prioritario para o actúal goberno municipal e terémos que esperar ao cámbeo de goberno no mes de Maio".

Concretamente, fan referencia aos proxectos de urbanización nas rúas Costa Rica e San Amaro, asi como o ensanche da rúa no fondo de Flores "onde se forma un estreitamento entre as rúas Aquilino Sánchez e Alexandre Bóveda, ou mesmo o proxecto de urbanizacón da rúa da Saleta".

O Partido Popular entende que "non pode ser que cando aparece o compromiso económico do concello, estes proxectos non se poidan executar, cando ademáis existe toda a vontade do mundo por parte dos propietarios en facer cesións gratuítas ao concello, e non so non se lles está a recoñecer estas cesións gratuítas, senón que o concello está poñéndolle trabas e un coste económico elevado que non terían por qué soportar".

Aclaran que a maior parte destas rúas constan como viais urbáns consolidados no PXOM do ano 1999 e en algunhos casos "os seus propietarios xa fixeron esa cesión, e asi está recollido en actas do pleno, e aínda asi parece que non se lle quere dar validez".