O Partido Popular pide a retirada de competencias ao concelleiro de cultura "tras perder a enésima subvención para a biblioteca". O concello rexeita as críticas.

2, Maio 2017

O Partido Popular culpa ao concelleiro de cultura Diego Fernández porque "o concello do Carballiño non está entre os benefiados simplemente por non telo solicitado unha subvención que podería ser dunhos 2.000 euros" para a adquisición de libros en galego.

Aseguran dende o grupo popular que "este concelleiro acumula unha falta de recursos nun ano entorno aos 10.000 euros para a biblioteca".

Pregúntanse, ademáis, "qué máis necesita o señor Alcalde para tomar decisións ao respecto sobre a xestion de Diego Fernández Nogueira como concelleiro de cultura", e advieten que "no caso de que non se produza movemento algún por parte da alcaldía, procederémos á presentación dunha moción ante o pleno da corporación neste senso".

Pola súa parte, o concello do Carballiño -tamén a través dun comunicado- rexeita as críticas e afirma que "a biblioteca municipal ten cubertas actualemtne as necesidades de novidades editorias".

 

Para ver tanto o comunicado do Partido Popular como do concello prema nos arquivos adxuntos: