O Partido Popular propón ao pleno da corporación que solicite do Ministerio de Fomento un estudo de viabilidade sobre a construcción no municipio dun Posto de Adiantamento e Estacionamento na via da alta velocidade, compatible cunha estación de viaxeiros

31, Xaneiro 2018

O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño trasladará ao pleno da Corporación Municipal unha moción na que propón un acordo do concello carballiñés para solicitar ao Ministerio de Fomento un informe sobre a viabilidade de ubicar no municipio un "PAET", esto é, un Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens, na liña da alta velocidade, compatible cunha estación de viaxeiros.

Reproducimos a proposta que fai pública o grupo popular no concello carballiñés.

MOCIÓN SOBRE SOLICITUDE DE VIABILIDADE DUN (PAET) POSTO DE ADIANTAMENTO E ESTACIONAMENTO DE TRENS COMPATIBLE CON PARADA PARA TRENS REXIONAIS DE ALTA VELOCIDADE NO CARBALLIÑO.

D. ARGIMIRO MARNOTES FERNÁNDEZ , como portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño, ó amparo do disposto no artigo 94 do Regulamento Orgánico Municipal e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, somete ó Pleno da Corporación Municipal para a súa consideración se procede, a presente MOCION Ó PLENO que deberá de incluírse expresamente como punto da orde do día da primeira sesión que se convoque.

Exposición de Motivos

Nestes días podemos observar en diversos medios de comunicación como por parte dalgún Concello polo que lle pasa no seu territorio a liña de alta velocidade do tren entre os Concellos de Ourense e Santiago de Compostela, ten contestación de Fomento dando certas esperanzas a ese Concello sobre a posible ubicación dun (PAET) Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens que podería facer de estación de tren a alta velocidade. Referímonos aquí ao Concello de Lalín.

Queremos pensar que o Ministerio de Fomento, non vaia a valorar a implantación desta infraestrutura nun Concello polo feito de que o solicite, e descarte outras ubicacións polo feito de que outros Concellos non a teñan solicitado, pero por si acaso, non está de mais en mandar unha solicitude, e neste caso, basta con que o faga o Concello de Lalín para que nos non fagamos o mesmo.

Se outros Concellos poden ter posibilidades técnicas, pensamos no grupo municipal do Partido Popular do Carballiño, que o noso municipio ten tantas ou mais posibilidades que eles, toda vez que será no nosos entorno onde se produza o desdobramento de trazado cando se execute no futuro a liña cara a Vigo dende Ourense, toda vez que dende a zona de influencia do Carballiño, se unirán as liñas Ourense-Santiago e Ourense-Vigo, a implantación dun PAET colle moito máis sentido pois aparentemente a relación entre inversión e rendibilidade ten máis sustentabilidade, pois non deixa de ser unha infraestrutura que serviría para as dúas liñas tanto dirección Santiago como dirección Vigo. Os PAET que se veñen construíndo, e que se fan por razóns técnicas, utilízanse moitas veces como estación que aproveitan aqueles viaxes que se teñen que deter por razóns de cruces de trens e que son momentos aproveitables pola poboación do seu entorno para subir ou baixar facendo destes puntos unhas estacións ferroviarias.

Principalmente, nestes casos sería con frecuencia a parada de trens tipo Avant-Alvia que circulan por estas vías de alta velocidade e xa non o fan pola vella e que serían dos que como veciños do Carballiño nos poderíamos aproveitar e xa non só dirección Ourense, senón que tamén dirección Santiago/Coruña e dirección Pontevedra/Vigo. Somos sabedores de que hoxe o máis importante para o noso pobo no relacionado co transporte ferroviario, o que mais aprémea hoxe, é unha mellor oferta no transporte de cercanías, e a isto, non só non debemos de renunciar, senón que non debemos de deixar de reclamalo, pero tampouco podemos ter unha actitude de pasotismo sobre algo que si hoxe parece algo irrealizable, dentro duns anos poderíamos ver como se fai noutro lugar e nos nin nos molestamos en intentar conseguilo para o noso pobo.

E polo que se pon a disposición do pleno do Concello do Carballiño os seguintes acordos:

PRIMEIRO: Que se solicite ao Ministerio de Fomento un informe sobre a viabilidade de construír un (PAET) Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens, no Carballiño que de servizo tanto á liña Ourense-Santiago como á futura liña Ourense-Vigo e faga ademais de parada para os trens rexionais (tipo Avant/Alvia) na liña de alta velocidade.