O Partido Popular propón á corporación adaptar o orzamento municipal á situación actúal e priorizar aos sectores máis afectados pola crise do coronavirus

20, Marzo 2020

O Partido Popular recorda que o orzamento do concello do Carballiño para este ano 2020 aprobado inicialmente fai unhas semanas atrás encóntrase en fase de exposición e presentación de alegacións, e co prazo interrompido polo decreto do estado de alarma, polo que estaríase a tempo de adaptálo a esta nova e inesperada situación.

Por elo, os populares piden "deixar a un lado as diferenzas entre os diversos grupos políticos municipais e facer un esforzo conxunto para que o orzamento poida adaptarse para protexer aos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, facéndoos máis sociais e solidarios".

Parécelles ben prolongar o periodo de prazo par o pagamento de impostos e taxas, tal como prevé o goberno municipal, pero entende o Partido Popular que esto non é suficiente, e propón que se estudie suprimir algunhas taxas ou de non ser posible, que os afectados poidan acceder a axudas municipais polo mesmo importe.

Desde o Partido Popular manifesan que debería reaxustarse o orzamento de diversas actividades, que poderían rebaixarse "e deixalas para mellores momentos" e con ese diñeiro axudar a sectores como o comercio, autónomos e pequenas empresas e "axudando a que se manteñan os empregos".

De igual maneira, consideran que "a través da utilización do superavit de 2019 poderíase e deberíase incidir máis na atención a finalidades de carácter social, e tal como xa autorizou o goberno central".

O Partido Popular agarda unha resposta favorable a esta proposta, tanto por parte do grupo de goberno como do resto dos grupos políticos do concello do Carballiño.