O Partido Popular recupera a maioría absoluta con Fernando Redondo na corporación municipal con 7 concelleiros, Xuntos mantén 2 concelleiros e o PSOE perde os 3 que tiña.

28, Maio 2023

O Partido Popular de San Amaro consigue o mellor resultado da historia municipal neste concello, Fernando Redondo suma o 68% dos votos, que son 533, terá 7 representante na próxima corporación.

Xuntos por San Amaro, a candidatura liderada por Carlos Paz conserva os 2 concelleiros de fai 4 anos, co 19,69% e 153 votos.

E descalabro absoluto do PSOE, que en 2019 obtivera 3 concelleiros, e agora quédase fora da corporación ao sumar apenas o 6,56% do voto electoral neste 28-M.