O Partido Popular reproba ao goberno municipal por non solicitar "subvención para o programa de conciliación familiar"

24, Marzo 2017

Ademáis, o Partido Popular asegura que a Xunta de Goberno do concello do Carballiño xa aprobou o prego de bases para a adxudicación da concesión do servizo " BO DIA FAMILIA" por un periodo de dous anos prorrogable por un máis.

Afirman por elo os populares, en referencia ao concelleiro de AV-En Marea Bernardo García, "non nos sorprendería que algún teña que saír dicindo que outra vez se sinte enganado".

O grupo do Partido Popular lamenta que o concello do Carballiño non acuda a liñas de subvencións que contribuirian a favorecer a conciliación entres as familas carballiñesas "isto afea un pouco todo o discurso sobre a conciliación que se da moitas veces dende o PSOE", manifestan.

Para ver o comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: