O Partido Popular reproba "a privatización da cultura e a historia do noso pobo", referindose á organización da "1ª Feira Medieval"

5, Xullo 2016

O Partido Popular recorda que "A Liorta, 1ª Feira Medieval do Carballiño" que se celebrará esta próxima fin de semana está organizada por unha empresa privada que non pagará taxas de ocupación da vía pública.

Considera o Partido Popular que "a privatización de servizos está sendo elevados a graos insospeitados cando vemos que tamén o fan coa cultura e a historia do noso pobo, e ademáis por un goberno municipal que estando na oposición defendían a municipalización de servizos", remarcan.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: