O Partido Popular resalta o trato que a Xunta tén có Carballiño, tras a súa inclusión no programa "axenda 21"

4, Novembro 2009

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas subvenciona a posta en marcha dun total de 5 proxectos de Axenda 21 Local, por un importe global de 320.000 euros. Así o vén de anunciar a través do Diario Oficial de Galicia, no que se anuncia a contratación deste proxecto que beneficiará aos concellos de O Carballiño, Oza dos Ríos, Ribadeo, Lalín e Cuntis. A Axenda 21 Local é un documento que desenvolve un Plan de Acción Municipal baseado na integración, con criterios sostibles, das políticas ambientais, económicas e sociais do concello, e que xurde da participación e toma de decisións consensuadas entre os representantes políticos, persoal técnico municipal, axentes implicados e a cidadanía en xeral. O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se licita a contratación para a implantación e desenvolvemento da Axenda Local 21 dos núcleos de sostibilidade de O Carballiño, Oza dos Ríos, Ribadeo, Lalín e Cuntis, por 320.000 euros. A finalidade é a contratación dunha empresa que se encargue da implantación e desenvolvemento das Axendas 21 Locais nestes Concellos.

Entre os traballos a levar a cabo pola empresa adxudicataria están a elaboración de auditorías de sostibilidade, o desenvolvemento de plans de participación social, a través da elaboración de enquisas, entrevistas, mesas de consulta cidadá, o desenvolvemento dun plan de seguimento e finalmente o establecemento dun plan de acción local. Os traballos compleméntanse coa creación dun sistema de información xeográfica para cada un dos núcleos no que se plasmará a información recollida ao longo dos traballos anteriores e dunha páxina web na que se publicará toda a información referida as Axenda 21 nos repectivos Concellos.

A Axenda 21 Local, dende a súa formulación inicial, expón a participación da comunidade como esencia do proceso. Esa participación centrarase en elaborar unha planificación do desenvolvemento local seguindo as pautas da sostibilidade.

Dende O Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño, agardan "que esta resolución da Xunta de Galicia sexa do agrado dos veciños e veciñas, pois servirá para ter un mellor control das actividades medioambientais que se fagan no municipio, e sirva para non ver fantasmas onde non os hai, pois unha vez máis, demostrase que a Xunta de Galicia está en disposición de colaborar có Concello do Carballiño, naquélo que sexa preciso".